Departamento de Enxeñaría de Computadores
Universidade da Coruña |
O Departamento de Enxeñaría de Computadores está adscrito á Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
Forman parte os GRUPOS: |
Equipo Directivo: Director:Luis Castedo Ribas. Secretario:Gabriel Rodríguez Álvarez. |
Departamento de Enxeñaría de Computadores
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña
e-mail: dpto.enxenaria.computadores(at)udc.es
Teléfono: (+34) 881 011 282
Fax: (+34) 981 167 000
O Departamento de Enxeñaría de Computadores da Universidade da Coruña (UDC) constituíuse como tal o 29 de marzo de 1990 (daquela denominado "Electrónica e Sistemas", ver acta constitución) cando a actual Facultade de Informática era aínda unha Escola Universitaria que impartía estudos de Diplomatura en Informática. O Departamento está situado no actual edificio da Facultade de Informática no Campus de Elviña desde a súa construción no ano 1993. Anteriormente a súa localización estivo noutros edificios do Campus da Zapateira pertencentes a outras titulacións da UDC.
Desde a súa constitución, os seus Directores foron os seguintes profesores:
En setembro de 2009 tiveron lugar as primeiras xubilacións do departamento por parte dos profesores José María Domínguez Legaspi e Manuel Paradela López. O profesor José María Domínguez Legaspi foi nomeado Profesor Honorario inmediatamente despois da súa xubilación, mantendo a súa colaboración co departamento.
No contexto do proceso de reestruturación dos departamentos realizado pola UDC no ano 2016, o Consello de Departamento celebrado o 14 de outubro de 2016 aprobou por unanimidade o cambio de nome do departamento ("Electrónica e Sistemas") á súa denominación actual de "Enxeñaría de Computadores", para adecualo máis fielmente á sua realidade docente e investigadora. Este cambio fíxose efectivo o 6 de abril de 2017.